domingo, 22 de marzo de 2015

A orde das cousas

O 27 de febreiro acudimos a unha charla na biblioteca do instituto IES Ollos Grandes na que Amanda Díaz Pena, presidenta das Quetas, a asociación contra a violencia de xénero de Lugo, amosounos un vídeo para reflexionar sobre a violencia de xénero.
Estudou psicoloxía, un máster de igualdade de xénero e outro máster de comunicacións en Santiago de Compostela.


A ORDE DAS COUSAS

Vendo a curtametraxe puidemos dar a nosa opinión e ir dando forma ao significado do vídeo.
O  vídeo trataba sobre unha familia na que a muller e nai, Julia,era maltratada polo seu marido.

No vídeo refléxanse diferentes simbolismos:


  • O aspecto físico de Julia, igual que a súa actitude, non cambia ao longo dos anos e polo tanto non medra emocionalmente.
  • Tampouco fala, xa que non ten voz nin voto na familia.
  • Amósase espida na bañeira como forma de representar o desprotexida que se encontra.
  • A porta atópase aberta en todo momento debido a que representa un control físico e emocional.
  • Un símbolo moi importante e reiterado durante todo o vídeo é o cinto que simboliza o poder do marido e o cal está buscando desde o principio.
  • Outro símbolo importante é un xoguete que ten o seu fillo e que representa a súa infancia, a cal rómpese, xa que esta violencia afecta tamén ao neno.

Este vídeo, amosa a realidade que están vivindo moitas mulleres actualmente de forma inxusta, pero sen mostrar violencia.

Ao final da curtametraxe puidemos falar con Amanda, preguntarlle sobre o que estudou, o que facían na asociación e cuestións relacionadas co vídeo.

A nosa opinión soamente pode ser positiva, xa que o traballo que fai esta muller é unha tarefa moi importante de axuda a moitas mulleres de Lugo; a xente cando escoita falar de temas coma estes non pensa en persoas coñecidas, pero por desgraza, esto ocorre en todas partes e pódelle pasar a calquera.


Moitas grazas pola vosa atención, deixamos debaixo unha foto da charla e unha ligazón para ver o vídeo.









No hay comentarios:

Publicar un comentario